Escoitar

O II Trofeo de Catamaráns a Vela duplica o número de inscritos

Arredor de 50 embarcacións, o dobre do número da pasada edición, participarán no II Trofeo de Catamaráns a Vela Turismo de Vigo – El Corte Inglés. A regata desputarase os próximos 16 e 17 de abril na praia do Vao.

martes, 12 abr 2005
1113311697optimis.jpg
O II Trofeo de Catamaráns a Vela Turismo de Vigo – El Corte Inglés duplica o número de inscritos da pasada edición. O evento, que se celebrará os próximos 16 e 17 de abril na praia do Vao, foi presentado hoxe martes no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés por Lucía Molares, Concelleira de Deportes e Turismo, José Manuel Blanco, Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés en Galicia, e Tono Teixeiro, en representación do Club de Vela da Praia do Vao.

A primeira edición do trofeo trouxo ás nosa augas 24 catamaráns, o maior número de embarcacións deste tipo rexistrado na ría de Vigo ata o de agora. Un ano despois, grazas á Escola de Vela da Praia do Vao, potenciada por Turismo de Vigo e El Corte Inglés, esta cifra vaise duplicar, con particitantes procedentes de España e Portugal

A organización desta regata corre a cargo do Club de Vela da Praia do Vao e conta coa colaboración da Federación Galega de Vela, Caixanova, Coca-Cola, Audiovisuales Codec e Frutas Nieves, entidades representadas esta mañá no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Os competidores tratarán de realizar un bo papel de cara á temporada que acaba de comezar. De feito, os compoñentes do equipo de regatas da praia do Vao obtiveron bos resultados no sexto Raid Internacional de Cascais, en Portugal, no que resultou vencedor o Turismo de Vigo de Tono Teixeiro e Jorge Maciel, embarcación que xa confirmou a súa participación na proba do Vao.

O venres, o comité organizador ofrece una recepción aos regatistas. A competición desputarase o sábado pola tarde e na mañá do domingo. Os percorridos son todos técnicos, a modo de barlovento-sotavento. A diferenza do resto de probas de barcos a vela, este trofeo terá como peculiaridade as dúas balizas que se sitúan na subida en ceñida, separadas a curta distancia para que os catamaráns poidan executar a virada dunha forma máis aberta. Serán, en total, seis mangas repartidas entre o sábado e o domingo.

As clases que participarán son Hobie Fox, FX One, Hobie Tiger, Dart 18 y Hobie 16 Spinnaker. Todas son moi similares no que respecta á súa conducción, aínda que teñen difenzas en canto ás súas prestacións, debido fundamentalmente á súa eslora e á capacidade das súas velas. As diferentes embarcacións poden portar dúas ou tres velas: maior, foque ou jennaker e Spi, superando a velocidade real do vento. A máis grande e veloz da flota é a Fox, con 20 pés.

A estación náutica do Vao xerou unha sinerxia de actuacións que, sumadas á creación da propia escola de catamaráns, a gardería de embarcacións e o proxecto "Unha regata nun día", fixeron que a práctica desta modalidade deportiva se estendese con rapidez.
Descargar todas as imaxes