Figueroa pensa que son os veciños de Teis os que teñen que facer unha proposta
Tras rexeitar o novo PXOM, a segunda alternativa que lles deu o Concello e mesmo a idea de deixalo todo como estaba no plan do 93, José Manuel Figueroa pensa que son os veciños de Teis os que teñen agora que presentar unha alternativa. O concelleiro tamén explicou que a ampliación da Matamá para o crecemento de Citroën é unha prioridade.
O concelleiro José Manuel Figueroa aproveitou a rolda de prensa sobre a constitución do consorcio para a rehabilitación do casco vello para facer unha valoración sobre as alegacións que os cidadáns están a facer ao PXOM. Segundo o concelleiro o Goberno pretende seguir co mesmo sistema e método de traballo, seguindo os tempos e prazos legais e cunha xestión clara e transparente. "Abrimos o procedemento administrativo cun plan inicial que foi aprobado polo pleno e agora queremos que a cidadanía fale e presente as súas alegacións. Todas as suxestións coherentes serán valoradas", dixo.
O concelleiro detívose especialmente no caso de Teis, reiterando que o Concello presentoulles unha segunda alternativa tendo en conta as súas alegacións, pero tamén foi rexeitada. Segundo José Manuel Figueroa a pelota está agora no campo da vecindade e son eles os que teñen que presentar unha alternativa "ou pensaremos que non queren chegar a un acordo". O tenente de alcalde afirmou que o Concello está disposto a deixar o plan tal e como estaba en 1993, pero que os veciños tamén o rexeitan.
Respecto á ronda, o concelleiro explicou que se trata dunha vía fundamental para o vertebramento da cidade xa que comunica o centro co resto das parroquias e que neste senso é irrenunciable, pero que sempre "se poden mellorar algúns trazados e buscar alternativas para prexudicar o menos posible".
Da ampliación do polígono industrial de Matamá para permitir o crecemento da empresa Citroën, José Manuel Figueroa dixo que a empresa máis importante da cidade terá todo o apoio do Concello xa que o seu desenvolvemento repercute e beneficia a Vigo. De esta dixo que é unha ampliación "irrenunciable" e que se buscarán os realoxos e as plusvalías correspondentes para que os veciños non se resintan.
No manido tema da depuradora e o tema das compensacións a Zona Franca polo seu asentamento o concelleiro trasladou o tema a unha próxima reunión da comisión do borde litoral, "que cada día vai ter máis importancia nos asuntos da cidade", pero asegurou que as relacións entre o delegado de Zona Franca, Francisco López Peña, que precisamente foi elixido vicepresidente do consorcio casco vello, e o Concello son boas.
Por último, José Manuel Figueroa respondeu ao estado da raqueta de Puxeiros, unha actuación importante para a comunicación con Pontevedra e da que dixo que está case rematada. "Tan só falta a última capa de rodadura e a sinalización, polo demais está rematada. Segundo os técnicos do Concello podería estar en funcionamento en dez días", dixo. O problema, segundo o concelleiro, é exclusivamente de financiamento, un tema que leva Fomento e que supón o motivo de que esta obra leve un atraso de case un ano.