A Xunta de Goberno aproba a instalación da Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas
A obra conta cun orzamento de máis de 250.000 euros asumidos por Política Territorial. A Xunta aprobou tamén a solicitude para a declaración de 25 praias como zonas de baño habilitadas e a construcción dun depósito de augas en Beade.
A Xunta de Goberno Local aprobou, fóra da orde do día, o proxecto de instalación da Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas. Esta obra ten un orzamento de 250.168 euros que asumirá integramente a consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.
Dentro do departamento de Medio Ambiente a Xunta aprobou a solicitude dirixida ao Director Xeral de Saúde Pública para a declaración de zonas de baño habilitadas das seguintes 25 praias: Portiño, Muíños de Fortiñón (Saians), Sobreira, Xunqueira (Fuchiños), Canido, Toralla, Vao, Baluarte, Fontaiña (Sirena), Calzoa (Barcas), Foz, Samil, Argazada (Azul), Cocho das Dornas, Tombo do Gato (A Fonte), Fontes (Olmos), Mourisca, Santa Baia, Carril, Adro (Bouzas), Punta (A Guía), Mende, Figueiras (Cíes), Rodas (Cíes) e Carracido (Cíes).
Tamén fóra da orde do día a Xuntan aprobou o acordo coa Asociación de Veciños de Beade para a construcción dun depósito de augas. O asentamento deste depósito está previsto no terreo onde figuraba o campo de fútbol "Mirador de Presa", cedido con carácter indefinido pola Comunidade de Montes.
Por último a Xunta procedeu á aprobación técnica do proxecto de humanización da rúa González Sierra cunha contía de licitación de 388.199 euros. As obras consistirán, como se ven producindo, nunha ampliación das beirarrúas e a substitución dos rodapés por un material nobre como é o granito.