Vigo e Chaves colaboran para demostraren que as enerxías renovables funcionan
A localidade galega de Vigo e a portuguesa de Chaves colaboran no desenvolvemento dun proxecto que ten por finalidade demostrar que as enerxías renovables funcionan. Trátase da conexión e complementariadade de senllos centros divulgativos, o de Vigo situado no Zondal, nos que se utilizarán diverasas clases de enerxías limpas.

Vigo e Chaves colaboran nun proxecto interrexional consistente no desenvolvemento de senllos centros divulgativos co obxectivo de demostrar que as enerxías renovables funcionan. O deVigo situarase na área do Zondal e virá a substituír un antigo vertedoiro actualmente selado.
As enerxías ambientais non contaminantes utilizadas no centro divulgativo do Zondal serán renovables e o seu emprego basearase en criterios de eficiencia e aforro, contribuíndo, ademais, á recuperación e valorización deste espazo do municipio. O Concello de Vigo quere que esta actuación sexa transmitida á sociedade coa mensaxe de que as maioría das técnicas empregadas neste centro poden servir para fornecer de enerxía os fogares.
Trátase de facer deste espazo anteriormente sometido a unha agresión extrema un lugar no que se fomenten comportamentos conscientes, responsables e eficientes con respecto ao medio ambiente, de acordo cun desenvolvemento sostible. Con este fin levaranse a cabo na área actuacións teóricas (aulas divulgativas) e prácticas (experiencias en taller), de acordo coa capacidade e formación do colectivo de que se trate.
As ditas tecnoloxías demostrativas poderán desenvolverse in situ ou a través de conexións virtuais. En principio, os tipos de aproveitamento que serán implantados pola súa disponibilidade in situ son o aproveitamento pasivo da enerxía solar, o aproveitamento activo desta enerxía solar e da enerxía eólica, así como da biomasa, coa futura implantación de cultivos enerxéticos; e o aproveitamento de enerxías residuais, como os residuos forestais ou o biogás do vertedoiro.
Este proxecto inclúe conexións virtuais con outros centros, de forma que sexa posible ofrecerlles aos visitantes información de tecnoloxías non dispoñibles in situ. Tal é o caso dos recursos xeotérmicos de Chaves, cuxo centro divulgativo en proxecto é o complemento perfecto ao do Zondal.