Manolo García presenta o seu novo disco no pavillón das Travesas
"Para que no se duerman mis sentidos" é o último traballo do cantante albaceteño e catalán de adopción, que será presentado en Vigo despois de facelo na Coruña hoxe venres pola noite. O concerto comezará ás dez e media da noite.
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López Chaves presentou o concerto que o cantante Manolo García ofrecerá este sábado no pavillón das Travesas de Vigo. Segundo o concelleiro, esta iniciativa de traer a un artista como o ex do "Último da fila" responde á intención do Concello de non reservar exclusivamente para os concertos, os meses de xullo e agosto senón traer, na medida do posible, artistas importantes fóra dos meses de xira. "Esta intención- comentou o concelleiro- conta co problema do elevado caché que teñen estes artistas cando se atopan fóra de xira e o limitado orzamento co que cubrir estes eventos". Ignacio López Chaves afirmou que a intención do Concello é a de "converter Vigo nun referente nas xiras dos artistas".
Manolo García comeza a súa xira de abril na Coruña hoxe, día 8, polo que o do sábado será o segundo concerto do cantante este ano. O disco que presenta na xira, "Para que no se duerman los sentidos", trátase do seu terceiro traballo en solitario e ocupou o primeiro posto na lista dos máis vendidos na primeira semana da súa edición. Actualmente o artista leva vendidos máis de 300.000 superando os tres discos de platino. Manolo García tamén foi galardoado co Premio Ondas 2004 ao Mellor Artista.
Na súa extensa xira de verán, ao igual que no concerto vigués, Manolo García estará acompañado polos músicos Eric de Wit, Ricardo Marín e Pedro Javier González (guitarras), Nacho Lesko (teclados), Iñigo Goldaracena (baixo), Charly Sardá (batería), Silvina Cabezas y Juan Carlos García (percusión) e Cecilia Burguera (violín).
O cantante coidou especialmente os aspectos técnicos do concerto. Serán 50.000 vatios de son no sistema Meyer Line-Array, 250.000 vatios de luces con máis de 100 focos robotizados e 16 pixel line, un equipo de última xeración nunca utilizado en España. A posta en escena conta cunha pantalla de proxección panorámica e outras dous de proxección de vídeo, todo elo nun escenario con provocador e pasarelas de máis de 300 metros cadrados. O deseño, tanto en escenografía como en imaxes, é de Manolo García.
Descargar todas as imaxes