Escoitar

A VI edición do Vig-Bay contará con máis atletas que nunca

A IV edición deste medio marathon, xa consolidado na cidade, contará con máis de 1.200 atletas, un número que xa supera a participación do ano pasado. A concelleira de Deportes, Lucía Molares comentou que esta proba supón "un nexo entre o deporte e o turismo".

venres, 8 abr 2005
1112965622atleta.jpg
A sexta edición do Vig-Bay, a carreira de medio marathon máis consolidada da nosa cidade, está a punto de comezar con máis de 1.200 corredores inscritos. Esta cifra supera xa os 1.100 participantes do ano pasado, cando o prazo de entrega de solicitudes pecha hoxe venres ás oito da tarde.

O domingo 10 de abril, ás 11 da mañá dará comezo a proba dende os lindeiros do Hotel HLG Samil mentres que a chegada, algo máis dunha hora despois, terá lugar en Palma de Baiona, onde realizarase a entrega de premios. O día anterior, o sábado, ademais da entrega de dorsais, celebraranse unhas xornadas técnicas.

Durante a presentación oficial do acto a concelleira Lucía Molares destacou a traxectoria da proba, a súa consolidación e o complicado que resulta conseguir un nivel tan bo de organización. A concelleira de Turismo e Deportes comentou tamén que o longo percorrido desta carreira permite que sexa "un nexo de unión entre o deporte e o turismo".

A proba contará con atletas internacionais como Sammy Tum, plusmarquista que ostenta a marca da carreira en 2004 ou o keniata John Kirui, que ven en substitución do marroquí Rachid Ghhamoudi, ao que unha lesión impedirá estar na saída. O tempo do atleta keniata é ata o momento a mellor de todas e co seu 1h:01:36 supera o rexistro de Sammy (1h:02:05).
Descargar todas as imaxes