O Concello está dando "todos os pasos" para que non se constrúa o edificio do paseo de Alfonso
A alcaldesa, Corina Porro, asegurou durante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que o goberno local "está dando todos os pasos" para que non se constrúa o edificio proxectado no paseo de Alfonso e que está a suscitar a protestas veciñais por tapar a vista da ría.
A alcaldesa, Corina Porro, afirmou durante a reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada na mañá do día de hoxe, 7 de abril, que o goberno local "está dando todos os pasos" para que finalmente non se constrúa o edificio proxectado no paseo de Alfonso e que está a suscitar protestas veciñais porque viría a tapar boa parte das vistas da ría.
Corina Porro respondeu así ás palabras do concelleiro do Partido Galeguista Manoel Soto, quen instou o goberno municipal a paralizar as ditas obras para conservar "un dos poucos miradoiros que nos quedan e que hai que defender como ouro en pano"
Pola súa banda, o concelleiro do Partido Popular José Manuel Figueroa dixo que o Concello está a manter reunións case diarias coas partes implicadas a fin de resolver este problema "pola vía do diálogo e sen chegar a situacións traumáticas".
Por outra banda, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo elevou á Xunta de Goberno a proposta de desestiamr o recurso de reposición interposto por María-Fátima Casas Pérez en representación da Comunidade de Propietarios da rúa Tomás A. Alonso número 187 contra o acordo da Xunta de Goberno local de 29 de novembro de 2004 sobre a recepción das obras de urbanización da U.A. II do PERI II-03 Castro Castriño.
Ademais, todos os grupos presentes no Consello aprobaron de maneira provisional as axudas para a rehabilitación dos elementos comúns na rúa Elduayen nº 8 A e na rúa Real nº 14, así como da vivenda sita na praza de Argüelles, 8-4º. Así mesmo, o Consello deu o seu visto bo á concesión de axudas para rehabilitar os elementos comúns na rúa Santa Marta nº 36 A e a vivenda da rúa Cánovas del Castillo nº 12-8º A.
Descargar todas as imaxes