Asvidal monta unha mesa informativa na Lonxa do Concello
A Unidade de Alcoholismo de Vigo, Asvidal, instalou unha mesa informativa na Lonxa do Concello con motivo do Día Mundial da Saúde e que pretende advertir dos riscos de beber durante o embarazo.
2005 é un ano sumamente importante para a saúde maternoinfantil, xa que a OMS (Organización Mundial da Saúde) dedica un día e un informe a este tema fundamental. O 7 de abril de 2005, o Día Mundial da Saúde e o Informe sobre a saúde no mundo poñen de manifesto as crises sanitarias invisibles que provocan a morte de mulleres que dan a luz e de nenos pequenos.
Así, a Unidade de Alcoholismo de Vigo (ASVIDAL), como entidade adherida ao Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións, e Centro de referencia para o tratamento dos problemas de alcohol, sumouse á celebración deste día, instalando unha mesa informativa na Lonxa do Concello, sobre os riscos do consumo de alcohol na muller e no embarazo.
Baixo o lema "Todas as mulleres, todos os nenos e nenas teñen dereito a estar protexidos/as das consecuencias negativas do consumo de alcohol", iniciouse hoxe esta campaña que contou coa presencia da concelleira Lucía Molares, e se continuará na próxima semana nos Centros de Saúde de Vigo, dirixíndose fundamentalmente ós medicos de atención primaria e xinecólogos.
Morte maternoinfantil
Tódolos anos morren máis de medio millón de mulleres por causas relacionadas co embarazo e 10,6 millóns de nenos, o 40% durante o primeiro mes de vida. Case todas esas mortes prodúcense en países en desenvolvemento, e moitas se poderían evitar con sólo amplia-la dispoñibilidade de intervencións ben coñecidas.
Hai probas evidentes de que as nais e os nenos sanos son a base indispensable para que as comunidades e as nacións sexan saudables e prósperas.
Os obxectivos do Día Mundial da Saúde 2005 son:
- Sensibilizar sobre as mortes das mulleres e dos nenos.
- Facer que se coñezan as solucións que existen.
- Xerar unha corrente que promova a responsabilidade e o labor colectivo.
Descargar todas as imaxes