Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 8 abr 2005
O luns, día 11 de abril, ás 9 horas reunese a Xunta de Goberno Local para tratar os seguintes asuntos:

1.- Actas da sesión ordinaria e da sesión extraordinaria e urxente do 21 de marzo de 2005.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do Xulgado de 1ª Instancia nº 11 de Vigo na demanda de xuízo ordinario nº 910/03 G interposta polo Concello de Vigo contra D. Enrique Cuquejo Taboada en exercicio de acción de resolución do contrato de arrendamento do local sito no inmoble da rúa Carral nº 35. Desestimada.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a "Sociedad San Vicente de Paúl" para axuda ao mantemento dun comedor infantil na zona do Calvario-Doblada. Expte. 11321/301.

4.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Asociación de axuda aos toxicómanos "Érguete" para o desenvolvemento dun programa de apoio resindencial para pacientes drogodependentes (pisos de apoio ao tratamento). Expte. 11272/301.

5.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Asociación Freixeiro de axuda ao necesitado (AFAN) para a atención de persoas e familias en estado de necesidade. Expte. 11308/301.

6.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Asociación Hoy por Mañana para a disposición de parzas de gardería especializada en menores con discapacidade. Expte. 11311/301.

7.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 22/777/05, 12/0013/05,03/771/05, 12/790/05, 22/1020/05, 04/866/05. Denegación expte. 02/1233/05.

8.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menot tramitados pola Unidade Asistencial de Drogodependencias CEDRO nos meses de xaneiro e febreiro de 2005.

CULTURA
9.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade de Vigo para realizar un estudo da situación bibliotecaria no Concello. Expte. 8817/331.

10.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Departamento de Cultura durante o mes de marzo de 2005. Expte. 8831/331.

DEPORTES
11.- Solicitude do ANPA Bene Vivere do CEIP Mosteiro de Bembrive de autorización para realizar o cross escolar Mosteiro Bembrive o día 17.04.05. Expte. 5213/333.

12.- Solicitude do Faro de Vigo de autorización para realizar o Cross Escolar "Trofeo Faro de Vigo-Caixanova" no Parque de Castrelos o 24.04.05. Expte. 5197/333.

13.- Solicitude da empresa Begano S.A. Coca Cola para realizar o evento lúdico deportivo Fútbol Park os días 15,16 e 17 de abril en Samil. Expte. 5198/333.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
14.- Solicitude da Casa de Andalucía de autorización para a realización da XVII Feira de Abril en Samil, os días 20 a 24 de abril de 2005. Expte. 70818/210.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
15.- Devolución de aval á Constructora San José S.A. por importe de 6.731,34 € constituido para responder de posibles danos por retirada de arborado e xardineiras na rúa Policarpo Sanz. Expte. 3073/446.

MUSEO "QUIÑONES DE LEÓN"
16.- Préstamo temporal de obras ao Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela para a exposición "A Galicia Moderna" do 14 de abril ao 22 de maio de 2005. Expte. 1520/337.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
17.- Adxudicación da contratación dunha operación de préstamo para o Concello de Vigo. Expte. 100557/140.

18.- Prórroga do contrato de limpeza do Verbum-Casa das Palabras adxudicado á empresa Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza S.L. Expte. 15801/240.

19.- Reclamación de danos:
a) Dª María Asunción Fernández Ledo. Expte. 15793/240. Estimada.
b) Dª Josefina Pérez Casal. Expte. 57/243. Estimada.

20.- Devolución de fianzas:
a) Dª. Concepción Cuña Pérez. Expte. 625/241.
b) ESYCSA. Expte. 617/241.

PATRIMONIO HISTÓRICO
21.- Solicitude de ampliación do convenio coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Proxecto de I+D de Investigación e Musealización da Villa Romana de Toralla. Expte. 2619/307.

URBANISMO
22.- Proxecto de convenio con SEROMAR S.A. sobre recoñecemento de inexistencia de responsabilidade patrimonial do Concello de Vigo por reduccion de aproveitamento urbanístico no ámbito da U.E. Peregrina e devolución parcial do prezo xusto percibido por aquela na expropiación dos terreos afectados pola execución do novo acceso ao Porto de Vigo, no mesmo ámbito. Expte. 4543/401.

VIAS E OBRAS
23.- Expediente de contratación por concurso da subministración de enerxía eléctrica para o servizo de Electromecánicos. Expte. 10887/444.

XESTIÓN MUNICIPAL
24.- Xustificantes de libramentos.

25.- Rogos e preguntas.