Concello e asociacións de estranxeiros colaboran para melloraren a situación dos inmigrantes
A concelleira de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social, Marta Iglesias, mantivo onte xoves unha reunión coas asociacións de estranxeiros que hai en Vigo, na que se acordou iniciar unha serie de charlas informativas para inmigrantes e emigrantes retornados, así como unha campaña contra o racismo nos colexios.
Marta Iglesias, concelleira de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social, mantivo na tarde de onte, xoves 7 de abril, unha reunión coas asociación de estranxeiros presentes en Vigo. O encontro foi unha toma de contacto co obxectivo de responder ás demandas deste colectivo e nel participaron arxentinos, uruguaios, colombianos, cubanos, brasileiros, venezuelanos e africanos.
Marta Iglesias aproveitou a ocasión para darlles a coñecer a Oficina de Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado, sita na rúa Elduayen. Así mesmo, a concelleira ofreceulles ás asociacións de estranxeiros a posibilidade de participar na convocatoria de subvencións feita por Benestar Social.
As asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados reuníranse antes de acudiren ao encontro de onte para consensuaren un documento no cal se recolleron varias demandas. Así, pedíronlle a Marta Iglesias que se cree un Foro Local e unha Concellería das Migracións, e tamén que se habilite un local conxunto para as asociacións.
Ademais, os estranxeiros queren que o Concello inicie unha campaña de sensibilización contra o racismo para evitar que este se propague pola sociedade viguesa. Neste sentido, desde algunhas asociacións asegúrase que se nota certo racismo en Vigo, sobre todo entre os nenos nalgúns colexios.
A reunión tivo como resultado tres acordos. O primeiro é que os técnicos da Oficina de Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado traballarán ao lado das asociacións de estranxeiros para levar a súa campaña contra o racismo aos colexios, dialogando para iso coas asociacións de pais e cos directores dos centros.
O segundo acordo está relacionado coa información que reciben os estranxeiros. Así, Concello e asociacións decidiron iniciar unha serie de charlas nos locais destas últimas para situar os novos residentes e darlles as nocións necesarias sobre o significado e impliacións da cidadanía española. Estas charlas informativas comezarán dentro duns 15 días e desenvolveranse seguindo un calendario que será confeccionado polas propias asociacións.
Por último, Marta Iglesias acordou cos colectivos de estranxeiros que a próxima reunión que manteñan será nalgún dos locais destes.