martes, 12 abr 2005
O Consorcio para a Rehabilitación do Casco Vello de Vigo reuniuse o martes en asemblea constitutiva coa orde do día de determinar as bases do seu funcionamento. Con carácter bianual e rotativa, a presidencia recaeu sobre o concelleiro José Manuel Figueroa e a vicepresidencia en Francisco López Peña.
martes, 12 abr 2005
Tras rexeitar o novo PXOM, a segunda alternativa que lles deu o Concello e mesmo a idea de deixalo todo como estaba no plan do 93, José Manuel Figueroa pensa que son os veciños de Teis os que teñen agora que presentar unha alternativa. O concelleiro tamén explicou que a ampliación da Matamá para o crecemento de Citroën é unha prioridade.
martes, 12 abr 2005
Arredor de 50 embarcacións, o dobre do número da pasada edición, participarán no II Trofeo de Catamaráns a Vela Turismo de Vigo – El Corte Inglés. A regata desputarase os próximos 16 e 17 de abril na praia do Vao.
martes, 12 abr 2005
Juan Carlos Enseñat amosa na Casa da Xuventude unha exposición dos seus traballos de debuxo e cómic que se poderá visitar ata o 22 de abril.