Escoitar

A alcaldesa quere que o proxecto da ETEA sexa "consensuado por todos"

A alcaldesa, Corina Porro, dixo que o goberno municipal quere que o proxecto da ETEA "sexa consensuado por todos". Ademais, Corina Porro referiuse á reconstrucción da pérgola de Genaro de la Fuente, á procura dun lugar para expor o mural de Isaac Díaz Pardo e á remodelación do contorno da alameda.

martes, 12 abr 2005
1113311298corrina.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, dixo hoxe martes sobre o proxecto da ETEA que o goberno municipal quere "que sexa un proxecto consensuado por todos, unha aposta unánime para recuperar un dos barrios que máis sufriron na nosa historia, como é o barrio de Teis".

Neste sentido, a alcaldesa informou de que existe un borrador para a súa discusión polos grupos políticos neste mes de abril. Corina Porro, que desexou a participación do propio barrio de Teis no proxecto, asegurou que nel se seguen criterios de conservación de edificios emblemáticos, así como de recuperación de espazos e preservación das zonas verdes do contorno.

Outros asuntos comentados pola alcaldesa no seu encontro cos medios son o anuncio das obras de reconstrucción da pérgola de Genaro de la Fuente para o próximo mes e a procura, xunto con Zona Franca, dun lugar axeitado para a exposición do mural de Isaac Díaz Pardo que se puido ver durante a última World Fishing Exhibition, como homenaxe ao artista galego.

Por último, Corina Porro referiuse á remodelación do contorno da alameda e afirmou que "se está executando con moita rapidez". A alcaldesa dixo que xa se licitaron o último tramo de Colón e Uruguay e que está pendente o resto das rúas perpendiculares a Urzaiz.
Descargar todas as imaxes