AVI Galicia quere axudar a acabar co atraso tecnolóxico da nosa comunidade
A Asociación de Voluntarios de Internet de Galicia (AVI Galicia) presentouse no Concello coa vontade de ser "a Cruz Vermella das novas tecnoloxías" e contribuír así a "reducir a brecha tecnolóxica" entre a nosa comunidade e o conxunto de España e Europa.
A Asociación de Voluntarios de Internet de Galicia (AVI Galicia) presentouse hoxe luns no Concello coa presenza da concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias. Segundo asegurou o presidente desta asociación, Luis Asenjo, o seu obxectivo é "reducir a brecha tecnolóxica" entre a nosa comunidade e o conxunto de España e Europa.
Para iso, AVI Galicia quere transmitir a necesidade real de adaptarse ás novas tecnoloxías. Neste sentido, Asenjo alertou da existencia de "colectivos en perigo de exclusión social e/ou laboral", como son as amas de casa, os xubilados, os discapacitados físicos e/ou psíquicos e os habitantes de zonas rurais. Ante este perigo, AVI Galicia concíbese como "a Cruz Vermella das novas tecnoloxías, a Cruz Vermella do século XXI".
AVI Galicia está formada na actualidade por máis de 80 voluntarios, pero esperan ser cerca de 2.000 antes do próximo verán. Entre os seus propósitos está o de dar formación por medio de talleres prácticos. A asociación participa en proxectos como o de "nxconecta" e conta con propostas para deselvolver novas actuacións por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, de El Corte Inglés e a Confederación Galega de Organizacións de Maiores.
Quen queira inscribirse en AVI Galicia poderá facelo via Internet, através da páxina web www.avigalicia.org. A inscrición é gratuíta e o único requisito demandado é o de ter un compromiso real e consciente para que este voluntariado beneficie a toda a sociedade galega.
En Galicia as porcentaxes de uso das novas tecnoloxías continúan sendo pouco alentadoras se se comparan coas de España e as de Europa. No ano 2004, un 88% das empresas contaban con Internet. O 99% das empresas teñen PC de sobremesa, dos cales o 91% dispoñen de acceso a Internet, aínda que só o 68% con banda ancha.
Canto aos fogares galegos, o acceso a Internet é do 16,9%. Na portentaxe de fogares con ordenador Galicia ocupa, cun 35%, o terceiro posto pola cola en España. O índice de usuarios de Internet na nosa comunidade é do 27,8%, dos cales o 17% son maiores de 45 anos.
Descargar todas as imaxes