A Universidade organiza un curso sobre a realidade xeral de Vigo
A alcaldesa participou na sesión inaugural do curso "Vigo, unha empresa e moito máis" que se desenvolverá do 11 ao 15 de abril na Escola Universitaria de Estudos Empresariais. No seu discurso, Corina Porro, indicou que en só dous anos Vigo ten escalado corenta e catro postos no ranking de cidades atractivas para crear empresas.
A alcaldesa , ademais de lembrar que Vigo é o motor de desenvolvemento económico e social de Galicia, indicou que " en solo dous anos ten escalado corenta e catro postos no ranking de cidades atractivas para crear unha empresa. As análises indican que o porto comercial, a actividade feiral e a capacidade para organizar eventos son os aspectos de maior interese nun estudio que compara cincuenta parámetros diferentes en sesenta e seis cidades españolas" .
No discurso de inauguración , Corina Porro, manifestou que "tamén a última enquisa de conxuntura económica publicada sitúanos como a provincia máis exportadora, co 71 (setenta e un) por cento do valor total das transaccións da Comunidade Autónoma e a cuarta provincia do Estado en volume de exportacións, por detrás de Barcelona, Madrid e Valencia. Este mesmo informe confirma un aumento da inversión industrial e un elevado índice de estabilidade no emprego".
Indicadores de crecemento, axentes sociais, estratexias de comunicación e novas esixencias no crecemento urbano como a sostibilidade protagonizan o programa de mesas redondas e conferencias do curso dirixidas aos alumnos de Empresarias pero abertas ao resto de universitarios.
A inauguración das sesións de traballo celebrada o luns, día 11, contou coas intervencións do Reitor da Universidade, Domingo Docampo; a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa e a alcaldesa de Vigo, Corina Porro.