Teis presenta a Guía de Recursos e outra destinada ás persoas maiores do barrio
A Guía é unha iniciativa do Centro de Saúde de Teis e levada a cabo polo Plan Comunitario que conta co financiamento da concellería de Participación Cidadá. A Guía de actividades e recursos para persoas maiores trata de evitar a marxinación do amplo colectivo de maiores xubilados que viven neste barrio.
O concelleiro do distrito de Teis, José Manuel Couto, xunto co secretario do Plan Comunitario de Teis, Benito Santos, e o enfermeiro do Centro de Saúde de Teis, Javier Sopesens, presentaron a Guía de Recursos do Plan Comunitario de Teis, financiada pola concellería de Participación Cidadá. Esta guía pretende dar a coñecer as asociacións do barrio, a súa actividade e os servizos que ofrecen, co fin de dinamizar a súa vida social mediante a coordinación dos recursaos de que dispón.
O Plan Comunitario comezou a funcionar en 1994 a partir do consello de saúde do barrio e cunha función principalmente preventiva. Pronto conseguiu a implicación de diversos colectivos veciñais, culturais o xuvenís e definiu a súa función: "Asumir as necesidades do barrio e darlles resposta", explica Benito Santos. Para isto debe conseguir a interacción de todos os axentes sociais e a implicación destes, así como o fomento da participación cidadá no desenvolvemento dos seus proxectos e intervencións.
Para Benito Santos a Guía de recursos consigue plasmar todo o potencial asociativo do Plan Comunitario (40 asociacións implicadas e máis de 70 colaborando dalgún xeito) e mellora a de anos anteriores xa que "abarca máis matices". "Esta guía pretende ser un ficheiro útil ao tempo que enriquece ás entidades que a forman en conxunto e reforza a imaxe de cada unha delas", explica.
A Guía de actividades e recursos destinada ás persoas maiores, xa que forman a maior parte da poboación deste barrio vigués, é un instrumento que servirá para coñecer actividades onde poidan incorporarse e participar, evitando así situacións de illamento, soidade, depresións...
Segundo Javier Sopesens "non se trata tanto de ensinarlles algo novo como de escoitar o que eles nos poden ensinar a nos, deixándolles que traballen e practiquen no que sempre fixeron", explica. Teis conta cun alto segmento de poboación de entre 56 e 70 anos, xubilados de traballos manuais e aos que a miúdo a sociedade esquece cando deixan de ser productivos. O programa "Maiores visibles", iniciativa do Centro de Saúde de Teis e que se está a levar a cabo polo Plan Comunitario, ven paliar a posible marxinación deste amplo colectivo que pode caer tamén noutros problemas como o xogo ou o alcoholismo.
Descargar todas as imaxes