Escoitar

O Concello prorroga o servizo de intérpretes de lingua de signos

A delegada de Benestar Social, Marta Iglesias e o presidente da Asociación de Xordos de Vigo, Miguel Ángel González Lloves, asinaron o convenio de colaboración entre esta Asociación e o Concello de Vigo, por sétimo ano consecutivo, para continuar co servizo de intérpretes de lingua de signos.<br />

mércores, 13 abr 2005
1113397367sordos.jpeg
A finalidade do convenio é ofertar a tódolos discapacitados auditivos do municipio de Vigo, a posibilidade de contar cun profesional intérprete de lingua de signos que cubra todos aqueles servicios como reunións, despachos profesionais, comparecencias en tribunais, consultas médicas, conferencias e cursos, éstes últimos organizados polo Concello ou pola Asociación de xordos. O custo deste convenio é de 15.785,58 € e ten vixencia dun ano

O servicio de Intérprete de lingua de signos pode ser solicitado por calquera persoa xorda ou oínte, ou por entidades públicas que necesiten manter unha comunicación con persoas xordas. O servicio é totalmente gratuito e desenvólvese seguindo o sistema de "chamada previa" ao teléfono 986-28 13 70 , é dicir, aquelas persoas que necesiten dos servicios deste, deberán chamar á Asociación de Xordos comunicando os datos persoais, data, lugar e materia para a que se require o servicio. O número de servizos realizados ao ano é de, aproximadamente, de 1500, cunha media mensual de 215

O Intérprete de lingua de signos é un profesional, o traballo do cal consiste en transmitir unha menxase producida na lingua de signos a súa equivalente na lingua oral, e viceversa, de maneira simultánea, facilitando unha comunicación fluída entre persoas xordas e oíntes. O código deontolóxico da profesión de intérprete de lingua de signos garanti-la confidencialidade, a fidelidade na comunicación e a obxectividade do seu traballo. As condicións nas que se desenvolverán os servicios deben ser claras e explícitas, coñecidas e aceptadas por ámbalas partes.

O Concello de Vigo foi o primeiro municipio galego en asinar un convenio deste tipo, o que supuxo unha actuación innovadora.
Descargar todas as imaxes