O tenente de alcalde recibe o comandante do Godetta
O tenente de alcalde, Manuel Iglesias, recibiu no Concello o comandante do buque belga Godetta, que vén de atracar por primeira vez no porto de Vigo. Xunto ao comandante do navío estivo o cónsul de Bélxica.

As dependencias de Alcaldía do Concello acolleron unha nova recepción das que tradicionalmente se ofrecen aos buques que atracan por primeira vez no porto da cidade. Nesta ocasión foi o tenente de alcalde, Manuel Iglesias, quen conversou co comandante da nave belga Godetta e co cónsul de Bélxica.
Descargar todas as imaxes