Repulsa polo asasinato dunha muller e dos seus dous fillos en Elxe
Membros da corporación e cidadáns de Vigo gardaron un minuto de silencio para mostraren a súa repulsa polo asasinato dunha muller e dos seus dous fillos en Elxe, supostamente a mans do marido.

A praza do Rei foi no mediodía de hoxe, xoves 14 de abril, escenario dunha nova concentración silenciosa contra a violencia doméstica. Membros da corporación municipal e cidadáns de Vigo mostraron cun minuto de silencio o seu rechazo a esta lacra, que custa a vida a decenas de persoas por ano, na súa inmensa maioría mulleres.
Desta vez, os manifestantes protestaron contra o asasinato dunha muller e dos seus dous fillos a mans do marido desta. Os crimes foron perpetrados o 13 de abril en Elxe.
Descargar todas as imaxes
Desta vez, os manifestantes protestaron contra o asasinato dunha muller e dos seus dous fillos a mans do marido desta. Os crimes foron perpetrados o 13 de abril en Elxe.