O Concello descoñece se xa existe estudo informativo da nova autovía Vigo-O Porriño
O Concello de Vigo descoñece se o Ministerio de Fomento elaborou xa o estudo informativo da nova autovía Vigo-O Porriño, unha obra considerada prioritaria por todos os grupos políticos. A alcaldesa, Corina Porro, cualificou esta situación de "triste".
O xerente de Urbanismo, Xavier Rivas, asegurou hoxe xoves que no Concello "non temos coñecemento de que haxa un estudo informativo" da futura autovía Vigo-O Porriño. Xavier Rivas respondeu así a unha pregunta do concelleiro do BNG Henrique Vieites formulada durante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e na que este se referiu á recente decisión do Concello de Mos de apoiar un informe sobre as dez alternativas de trazado contempladas no estudo informativo da variante da actual N-120.
Henrique Vieites dixo que no BNG "chama a atención que algún concello se teña pronunciado sobre unha alternativa que no noso aínda non se coñece", polo que lle pediu ao goberno local que faga as xestións oportunas para "non encontrarnos con situacións difíciles de resolver" e para que "non faga cada un a guerra polo seu lado", en referencia á necesidade de entendemento co Concello de Mos.
A alcaldesa, Corina Porro, afirmou que é coñecido "o meu interese nesa autovía" e cualificou de "triste" o feito de que "unha vez máis, non temos a información que outros teñen". Neste sentido, Corina Porro asegurou que "chamaremos ao Ministerio de Fomento".
A construcción da nova autovía Vigo-O Porriño é considerada por todos os grupos políticos unha obra prioritaria debido aos problemas de sinistralidade que ten padecido o vial actual polo seu sinuoso trazado.
Por outra banda, o concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, anunciou para "as próximas horas" unha solución definitiva á polémica pola construcción dun edificio na zona de Santa Marta. Figueroa dixo que as negociacións coas partes implicadas están nun estado avanzado. A posible construcción deste edificio provocou as protestas de numerosos veciños contrarios ao seu impacto visual, polo que o propio Concello decidiu parar a súa construcción.
Ademais, o concelleiro de Urbanismo referiuse á posible declaración de ruína da fábrica de Álvarez. Segundo José Manuel Figueroa existe vontade por parte dos propietarios para controlar e limpar a parcela, malia a que aínda non contan coa súa titularidade, intervida polos xulgados e cuxa tramitación xa foi requerida polo Concello.
Descargar todas as imaxes