Concello e Deputación financian distintas obras no contorno urbano
As obras de ampliación e adecentamento das beirarrúas de ata 16 rúas do casco urbano da cidade terán un investimento de 1.803.968 euros, asumido totalmente pola Deputación de Pontevedra.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra sobre cooperación económica para o financiamento de diversas obras de mellora en diversas rúas do casco urbano. En concreto as obras a executar son:
A reparación de beirarrúas nas rúas: Tomás Alonso, avenida Atlántico, avenida Castelao, Castrelos, Florida, Sanjurjo Badía, praza de España, Camelias, García Barbón, praza América, rúa Tranviarios e M. Martínez; todas elas por un importe de 211.046 euros.
O convenio tamén implicaría melloras de maior envergadura nas rúas: Alfonso XIII, por un importe de 450.000 euros; Velázquez Moreno, cun investimento de 225.000 euros; e as rúas Tui (410.625 euros), Vilagarcía de Arousa (347.054 euros) e Manuel de Castro (160.243 euros), todas no barrio de Coia. Respecto a este barrio a alcaldesa falou dun plan específico para Coia cunha inversión de preto dun millón de euros para o abastecemento e renovación das beirarrúas nas rúas principais.
O total do investimento é de 1.803.968 euros, asumido totalmente pola Deputación de Pontevedra. Corina Porro agradeceu este convenio que porá a punto a cidade con vistas ao mes de novembro e á saída da Volvo Ocean Race.
Rafael Louzán, comentou que anque este convenio afecta só ao medio urbano, a Deputación de Pontevedra non esquece o rural, onde hai diversas actuacións previstas, nin tampouco as estradas provinciais. Louzán ratificou o compromiso coa cidade de Vigo co que se están a producir continuos convenios de colaboración.
Preguntado polo Plan Estratégico Provincial, o presidente da Deputación comentou que aínda quedan 2 ou 3 meses para a súa presentación definitiva e destacou o seu importante "papel de articulación nas inversións dos pequenos e medianos concellos". Rafael Louzán fixo un alegato a favor da administración que preside destacando a súa importancia no desenvolvemento da futura Área Metropolitana de Vigo, na contribución ao equilibrio dos pequenos e medianos concellos e no artellamento das inversións e a posta en marcha de iniciativas.