Concertos comentados no Marco<br />
Este fin de semana, MARCO presenta unha programación especial que baixo o título "EN TORNO A JOHN CAGE" intenta divulgar e achegar ao público a personalidade e a obra dunha das figuras máis influíntes na historia da arte do século XX.O concerto terá lugar no salón de actos do museo, con entrada gratuíta ás 20:00 horas.
Trátase de dous concertos interpretados por alumnos da clase de Piano Contemporáneo do Conservatorio Superior de Música de Vigo, dirixidos por Nicasio Gradaille, coa colaboración de dous cantantes e dun grupo de percusión.
JOHN CAGE
Ademais de compositor de máis de 300 obras, John Cage foi pensador, artista plástico, escritor, poeta e intérprete. A el débense no eido musical o desenvolvemento do piano preparado e a orquestra de percusión, o uso do azar e da indeterminación no proceso compositivo. Cage pasou grande parte da súa vida procurando un obxectivo inusual: "ceder o control sobre a obra musical para que os sons podan ser sons, é dicir, podan ser eles mesmos".
O concerto do venres fai un percorrido pola súa música para piano, tanto convencional como non convencional. Escoitaremos obras para piano da súa etapa atonal, música pensada para coreografía, obras numéricas do final da súa vida, pezas para piano preparado, para piano pechado e canto, e outras dos anos 50 que inclúen radios, distintos obxectos, e que unen a música e a performance. En determinados momentos farase unha lectura de textos do propio Cage.
O segundo, programado para o sábado, estará dedicado á música dos seus contemporáneos, compositores que dun ou outro xeito teñen influído no seu pensamento: en América, Henry Cowell (profesor de Cage e primeiro compositor en utilizar recursos no interior do piano) e Morton Feldman (compositor amigo, co que formou parte da Escola de Nova York), e en Europa Pierre Boulez, Karlheinz Stockhausen (ámbolos dous representantes da Escola de Darmstadt, onde Cage foi profesor e onde tanto se discutiu sobre os camiños a seguir na música despois da 2ª guerra mundial), e tamén Eric Satie, que nos honrará coa súa presenza coa axuda do actor Xosé Manuel Esperante.