Ampliación da sala de control de tráfico
A alcaldesa presentou a remodelación que se está a acometer na sala de control de tráfico ampliando espazos para mellorar a eficacia na xestión. Neste senso habilitouse un novo espazo de 125 m2 ao que se trasladaron os sectores dedicados exclusivamente á sinalización horizontal, vertical e delineación. A sala de control de tráfico ten 200 m2 e está dedicada exclusivamente ao control de semaforización e seguridade das vías públicas e dos túneles.<br />
O Concello porá en marcha proximamente un novo sistema de última xeración de control e xestión de tráfico , novidoso en España, polo que os reguladores de zona e de cruce interactúan coa sala de control.
Nun prazo aproximado de mes e medio incorporarase como novidade un Vídeo Wall , en substitución dos actuais retroproxectores, que permitirá unha mellor visión das incidencias captadas polas cámaras na vía públicas.
No plan de renovación da sala de control incorporarase un sistema de xestión de última xeración para poder realizar as previsións de axuste e xestión de tráfico con maior axilidade e eficacia; así como a creación e desenvolvemento de novos programas de tráfico axustados para ondas verdes, regreso de praias, concentracións deportivas, etc.
Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico
Desde o ano 1988 , Vigo dispón dun sistema centralizado de control de tráfico, instalado en virtude dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. O sistema ampliouse constantemente desde a súa implantación e na actualidade consta de:
1 novo ordenador máis potente e actualizado
1 sistema gráfico
1 panel sinóptico
129 interseccións centralizadas ,fronte ás 53 do ano 1988
6 centrais de zona , duplicouse o número
283 detectores de tráfico, fronte aos 131 co que contaba en 1988.
20 cámaras de televisión ,fronte as 4 dos inicios do sistema.
2 retroproxectores para visualizar de forma ampliada as imaxes do circuíto pechado de televisión.
Este sistema optimiza a velocidade de circulación segundo os programas establecidos, como o tráfico normal, hora punta, acceso e retorno ás praias, partidos de fútbol, retorno de fin de semana pola AP-9 ou a A-52. Todo isto dota de maior seguridade ao peón e aos vehículos.
A sala de control dispón dun sistema independente que controla o funcionamento dos equipos e elementos instalados no tunel de Beiramar.
Cos sistemas de xestión de tráfico coordinase os cruces semafóricos para limitar as velocidades e aumentar a seguridade. Fanse campañas de control de velocidade con radar en diferentes puntos da cidade.
Por outra banda, Corina Porro , presentou tamén o programa de seguridade vial "O Rei do volante" que se realiza conxuntamente con Vitrasa e que se distribuirá no xornal Faro de Vigo a partir deste mes de abril.