A Biblioteca Central dedica a programación de maio a Andersen
No marco da programación infantil que estase a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, a actividade que ten lugar os sábados, "Cóntame un conto", estará dedicada durante o mes de maio ao escritor danés Han Christian Andersen, que este ano centrou a conmemoración do Día de Literatura Infantil e Xuvenil.
Así, ás 11.00 horas, o día 7 comenzará o contacontos "A vendedora de mistos"; o día 14 lerase "O parruliño feo", o día 21 "O ruiseñor"; e finalmente, o día 28, dedicarase a "Pulgarcito". Ademáis, durante o mes de maio terá lugar a terceira edición do concurso para rapaces "En qué conto, conto", e neste ano tódalas preguntas do concurso versarán sobre Andersen e a súa obra. Deste xeito, a Biblioteca Central de Vigo súmase aos actos de conmemoración do douscentos aniversario do nacemento do famoso autor danés.
Na súa autobiografía, titulada "O conto de fadas da miña vida", Andersen (1805-1875) afirma que súa nai era lavandeira, mentres que seu pai, que era zapateiro, contaba cunha imaxinación moi poética e agasalláballe a miúdo con libros. A fealdade física e a morte do seu pai cando o futuro escritor contaba con 11 anos, marcaron a nenez de Andersen, polo que tivo que abandoar seus estudos e empezar a traballar. Axudante de sastre e obreiro de fábrica de cigarros foron algúns dos seus primeiros empleos, ata que chegou ao teatro, onde traballou con títeres, que comenzou a bailar e cantar. Anos despois, abandoou a interpretación teatral pola literatura, escribindo obras de teatro, poemas, novelas, e aos 24 años ingresou na Universidade de Copenhague, ao mesmo tempo que comenzou seu recoñecemento como dramaturgo e poeta.
Ao longo da súa vida, Han Christian Andersen publicou máis de cento cincuenta contos para nenos. "O parruliño feo", "A serea" ou "O traxe novo do emperador" son algúns dos títulos máis coñecidos, inspirados en lendas e crenzas populares do seu país, Dinamarca. Os contos teñen sido traducidos a máis de oitenta idiomas e transformados en obras de arte, no cine e no teatro. Ademáis de contos para nenos, Andersen tamén editou obras de teatro, libros de viaxes, novelas e poemas.
Descargar todas as imaxes