A totalidade dos grupos políticos propoñen infraestructuras ciclistas pola costa con motivo da Volvo Ocean Race
A idea é que tanto participantes, como turistas e cidadáns poidan desprazarse polo porto ata as embarcacións e pola zona costeira de Vigo en bicicleta, facendo especial fincapé no núcleo de Bouzas e na súa continuidade cara ás praias.
O Pleno do Concello deixou, no capítulo de mocións, a proposta polo Partido Galeguista instando o establecemento dun plan de acollida de nenos saharauís. O PG propón que o Concello sufrague a acollida de dez nenos, e todos os grupos políticos estiveron a prol.
Pola súa parte o BNG fixo unha proposta de actuación na rúa Atlántida que supón a reparación das beirarrúas, rematar o asfaltado da redonda nas confluencias das rúas Paulino Freire, Camilo Veiga, Tomás Paredes e Rocío e substituír a tubería de abastecemento da avenida Atlántida, entre outras.
A moción do BNG solicitando a suspensión da decisión plenaria do 29 de novembro sobre a denominación das rúas de Navia quedou aprazada para a súa discusión máis pormenorizada. Outra das propostas do BNG que foi aprobada e mesmo ampliada foi a do derrube das instalacións da vella fábrica de conserva de Teis, deixando a cheminea como elemento singular e acondicionando o lugar como zona de espallamento dos veciños. O concelleiro de distrito José Manuel Couto comentou que tamén podería conservarse o antigo forno.
O concelleiro do BNG Henrique Biéitez Alonso calificou como un exercicio de "solidariedade recíproca" a proposta de construcción de beirarrúas na parroquia de Valadares, iniciativa que foi aprobada por unanimidade no Pleno. As mocións do grupo nacionalista remataron coa proposta de instar á Xunta de Galiza a que se garante por parte do Sergas a adopción das medidas necesarias para que todas as mulleres da Área Sanitaria que o soliciten poidan ter acceso a prestación da Interrupción Voluntaria do Embarazo (IVE) no Hospital Xeral de Vigo. A proposta foi admitida co voto a prol de todos os grupos excepto a abstención do PP que alegou a posible abstención de conciencia dos profesionais médicos.
As propostas do PSOE foron dirixidas na súa maioría á conservación medioambiental. En primeiro lugar presentouse unha moción sobre a necesidade de crear unha ordenanza municipal que teña como obxectivo o aforro e o aumento da eficiencia no uso de auga, así como a sensibilización cara á utilización deste recurso. A seguinte moción, aprobada por todos os grupos políticos foi a de instar ao Concello a que introduza criterios medioambientais nos pregos de condicións dos contratos públicos. Por último o grupo municipal socialista solicitou o soterramento dos contedores de residuos na Travesía de Vigo, proposta que tamén foi aprobada por unanimidade.
Fóra da orde do día houbo tres mocións, todas aprobadas por unanimidade:
A proposta do BNG de recollida de datos e documentación coa finalidade de sancionar se procedera á empresa subministradora responsable dos continuos cortes de abastecemento de enerxía eléctrica e deficiente servizo.
O PG instou a que se reconstrúa o chalé Agarimo e viabilizar a celebración da festa da cereixa polos veciños.
A totalidade dos grupos políticos solicitaron nunha moción conxunta a xestión, por parte do Goberno, dunhas infraestructuras ciclistas con motivo da Volvo Ocean Race e a súa divulgación. A idea sería que os participantes da proba, os turistas e os cidadáns puideran desprazarse polo porto ata as embarcacións e pola zona costeira de Vigo en bicicleta, con especial fincapé no núcleo de Bouzas e a súa continuidade cara ás praias, así como do Areal a Isaac Peral. Esta infraestructura acometeríase dous meses antes da regata e pasada a mesma redundaría no beneficio da cidade xa que todo o mundo a podería aproveitar.
Descargar todas as imaxes