xoves, 28 abr 2005
O Festival Internacional de Jazz de Vigo, "imaxina Sons", nace coa intención de cubrir un vacío e satisfacer a demanda no noso país respecto ao ámbito europeo do Jazz, intentando mostrar tendencias descoñecidas desta música no noso país que no resto de Europa si están presentes. Trátase principalmente de dar información sobre o Jazz actual do noso entorno cercano: dende Galicia, ata España e Europa.
xoves, 28 abr 2005
A partir de mañá venres e ata o 6 de maio os homes interesados en aprender a cociñar poderán solicitar unha das 15 prazas dun curso gratuíto de cociña financiado pola Concellería da Muller. O curso impartirase no IES Manoel Antonio do 7 de maio ao 11 de xuño.
xoves, 28 abr 2005
O centro de Internet de Candeán bota a andar coa presenza da concelleira de Participación Cidadá,Marta Iglesias, e a intención de achegar as novas tecnoloxías a esta parroquia, cunha conexión en banda ancha de 2 Mbps e unha pequena ciberárea.
xoves, 28 abr 2005
A oferta formativa da Oficina Municipal do Voluntariado para o segundo trimestre deste ano consiste nun curso básico de iniciación ao voluntariado e outros dous de apoio a eventos deportivos e voluntariado en medio ambiente.