Vigo terá o seu Festival Internacional de Jazz, o Imaxina Sons
O Festival Internacional de Jazz de Vigo, "imaxina Sons", nace coa intención de cubrir un vacío e satisfacer a demanda no noso país respecto ao ámbito europeo do Jazz, intentando mostrar tendencias descoñecidas desta música no noso país que no resto de Europa si están presentes. Trátase principalmente de dar información sobre o Jazz actual do noso entorno cercano: dende Galicia, ata España e Europa.
O concelleiro de cultura, Ignacio López Chaves presentou o I Festival Internacional de Jazz de Vigo, o "Imaxina Sons", que ven a ocupar un oco baleiro e completar a oferta musical viguesa que xa conta co Are More, o Festival de música Sacra e o Xeración 2000+. "Queríamos un festival con identidade propia, que aportase algo diferente e non fose un festival de jazz máis. Precisábamos tamén un director artístico que atopamos na persoa de Baldo Martínez, músico de jazz que coñece á perfección a realidade deste estilo", dixo o concelleiro. O orzamento co que contará este festival, apoiado polo Concello e Caixanova é de 300.000 euros.
"Imaxina sons" é un proxecto municipal que xurde como resposta á necesidade de contemplar a realidade do Jazz actual no ámbito máis próximo, tanto xeográfica como culturalmente, enchendo un espacio baleiro nos festivais de Jazz en España: a perspectiva máis europea do noso Jazz, unha visión que amose a auténtica actualidade desta música ao marxe de condicionantes comerciais, cubrindo así unha demanda cultural dende hai tempo patente tanto na cidade de Vigo como no resto de Galicia.
Os obxectivos que se plantexan con este proxecto son os seguintes:
1. Amosar con periodicidade anual a actualidade do jazz, facendo especial mención naquelas propostas de calidade que aposten pola innovación e a orixinalidade, e que aporten novidades ao Jazz nos tres ámbitos xeográficos nos que nos movemos: Galicia, España, Europa.
2. Apoiar especialmente aos músicos que realizan a súa actividade no ámbito galego, mantendo unha presencia dos seus proxectos no festival e contribuíndo así á su difusión exterior.
3. Atender á actualidade jazzística no resto de España, con especial atención ás tendencias máis novidosas.
4. Centrar a presencia extranxeira no Jazz europeo, xenerador da maior evolución na historia contemporánea do Jazz, sen renunciar a presencias puntuais do jazz latino ou americano.
5. Conseguir que Vigo se convirta en referencia dos festivais á vanguardia do Jazz, con novas iniciativas que se irán introducindo en sucesivas edicións.
Para conseguir estos obxectivos, "Imaxina Sons" desenvolverase a través de múltiples e diferentes actividades:
-Concertos en teatros e auditorios (Centro Cultural Caixanova, Auditorio Municipal, Conservatorio...)
- Jazz na rúa: actuacións aoa aire libre na praza da Estrela e pasarrúas polas principais zonas peatonais da cidade.
-Actuacións nocturnas en locais.
-Exposicións, mesas redondas, debates, conferencias, master-class…
Durante dúas semáns, Vigo será a cidade do Jazz, as súas rúas e a súa xente vivirán e disfrutarán dun ambiente musical cultural e festivo que deixará sen dúbida algunha pegada.