Escoitar

O ciclo musical Xeración 2000+5 premia o traballo dos novos talentos

Este festival de música clásica ten a finalidade de dar a coñecer o traballo que se realiza nos conservatorios e nas escolas de música. As actuacións terán lugar no auditorio Martín Codax e na parroquia santuario María Auxiliadora.

mércores, 27 abr 2005
1114607123cartel.jpg
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou unha nova edición do ciclo musical Xeración 2000+5, que organiza o departamento de Cultura do Concello e dirixe Roberto Relova. Este ciclo ten como obxectivo o de dar a coñecer o importante traballo que realizan os nosos músicos máis noveles dende os conservatorios, escolas de música, orquestras, coros e outras formacións.

Esta edición contará cun total de dez concertos que terán lugar en dous escenarios: o auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música e na Igrexa de María Auxiliadora, que xa mostrou as súas boas condicións tras o ciclo de música sacra.

Segundo Roberto Relova, a música é por fin unha realidade en Galicia. "Neste momento, e por primeira vez na historia, os atrís da Joven Orquesta Nacional de España contan con máis mozos galegos que doutras comunidades que tradicionalmente ocupaban as especialidades de vento", comentou.

Xeración 2000+ é o ciclo emblemático dos novos músicos en Galicia e no Norte de Portugal, foi pioneiro en apostar polo talento dos músicos da nosa comunidade, ata tal punto que intérpretes doutros países: Francia, Alemaña, EE.UU. quixeron sumarse en edicións anteriores a colaborar.

O ano anterior viviuse con espectacular interese a producción da zarzuela,
que dirixiu José Antonio Campo e que repite de novo coa belísima ópera de Dido e Eneas de Purcell. Segundo Relova "é síntoma de boa saúde que o alumnado e os profesionais dun conservatorio superior cheguen a poñer en escena unha ópera ou unha zarzuela".

O calendario de concertos é o que segue:


Auditorio "Martín Codax". 20,00 h.

Xoves, 5 e venres, 6 de maio

DIDO E ENEAS. Ópera representada
de Henry Purcell.
Atelier de escena lírica.

Sábado, 7 de maio

ENSEMBLE PIAZZOLA-LISBOA.

Mércores, 11 de maio

PILAR MORÁGUEZ (soprano) e
ARABEL MORÁGUEZ (piano).

Venres, 13 de maio

QUINTETO DE VENTO CON PIANO
"PENTAFONÍA".

Mércores, 25 de maio

RAÚL SANTOS ÁLVAREZ (piano)

Xoves, 26 de maio

JULIA ESTÉVEZ (frauta)
e RASA JAKUTYTE (piano)

Parroquia-Santuario "María Auxiliadora", 20,45 h

Sábado, 14 de maio

CUARTETO DE CORDAS "PRESTO"
DA REAL FILARMONÍA DE GALICIA

Venres, 20 de maio

ENSEMBLE VIGO 430.
Solista invitado: Alejandro Garrido.

Venres, 3 de xuño

ENSEMBLE MÚSICA DOMÉSTICA
Descargar todas as imaxes