Escoitar

Os autores da curtametraxe "Un día perfecto" presentan o seu traballo

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, asistiu á presentación á prensa da curtametraxe "Un día perfecto", filmada por un grupo de mozos vigueses en diversas localizacións da cidade e do seu contorno. A película será presentada ao público o próximo xoves no Sete Mares.

martes, 26 abr 2005
1114516585corto2604.jpeg
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, asistiu hoxe martes na Casa das Artes á presentación á prensa da curtametraxe "Un día perfecto". No acto, conducido polo xerente da Fundación Laxeiro, Javier Buján, estiveron tamén a directora da película, Tania Pérez, a productora, Natalia Maceiras, o actor principal, Davíd Gundín, a actriz principal, Marta Lado.

"Un día perfecto" é unha película realizada e producida por mozos vigueses que ven neste primeiro proxecto un punto de partida para as súas vidas profesionais no mundo da gran pantalla. A historia que conta é a da busca dese alguén que finalmente se encontra ou non, a través de diversas localizacións da cidade de Vigo e do seu contorno, como o paseo de Alfonso XII, o parque de Castrelos, Policarpo Sanz e a ponte de Toralla.

A idea desta curtametraxe xurdiu a partir da canción "A Perfect Day", de Lou Reed. Fixeron falta dous días para rodala e un mes para a súa montaxe e edición. A financiación correu a cargo do propio grupo de mozos vigueses, que achegou unha suma duns 700 euros para a realización desta película.

"Un día perfecto" será presentada ao público no pub Sete Mares, o próximo xoves día 28 ás 22:00.
Descargar todas as imaxes