Elvis Costello actuará no Pavillón das Travesas o próximo 9 de xuño
O cantante londinense Elvis Costello actuará o próximo 9 de xuño no Pavillón das Travesas, nun concerto patrocinado pola Concellería de Festas. A actuación en Vigo será unha das tres que ofrecerá Elvis Costello en España.

Elvis Costello ofrecerá un concerto en Vigo dentro da súa xira española, que tamén inclúe as cidades de Bilbao e Madrid. Será o próximo 9 de xuño a partir das 22:30 no Pavillón das Travesas. Esta actuación conta co patrocinio da Concellería de Festas, que achega 12.000 euros.
Esta cantidade fai que o prezo das entradas baixe ata os 20 euros, as anticipadas, e os 24 euros en taquilla, o que converte o de Vigo nun concerto máis barato que o de Bilbao, onde os prezos oscilan entre os 27 e os 32 euros. Tamén no Porto e en Lisboa as entradas para ver e oír a Elvis Costello serán máis caras que en Vigo. Así mesmo, o concerto da nosa cidade será, dentro da xira española, o que conte co maior número de entradas, 3.500.
O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, dixo durante a presentación do concerto que esta actuación "será un acontecemento non só na nosa cidade senón tamén en Galicia". Ignacio López-Chaves considerou unha gran noticia que "un cantante e compositor da talla de Elvis Costello veña á nosa cidade e que Vigo se incorpore ao circuíto internacional de concertos".
A volta do londinense Elvis Costello, xunto coa banda The Imposters, aos escenarios españois, trouxo na súa última xira, en febreiro deste ano, un clásico renovado, coas cancións de sempre e as composicións encadradas no seu último traballo, "The Delivery Man". Os concertos de Elvis Costello son realmente austeros: o escenario é negro e non hai nada nel que poida distraer a atención da música. O propio cantante acostuma vestir de negro e sorprende a todo o mundo pola gran cantidade de guitarras que utiliza nos seus concertos.
As entradas co concerto de Elvis Costello en Vigo poden adquirirse xa a través de Caixanova. Dentro duns días poderán comprarse tamén en Discos LP (Vigo), Discos Gong (Santiago) e Discos Portobelo (A Coruña).
Descargar todas as imaxes