Inauguración do centro de Internet de Candeán
O centro de Internet de Candeán bota a andar coa presenza da concelleira de Participación Cidadá,Marta Iglesias, e a intención de achegar as novas tecnoloxías a esta parroquia, cunha conexión en banda ancha de 2 Mbps e unha pequena ciberárea.
A concelleira de Participación Cidadá inaugura hoxe xoves ás 20:00 horas o centro de Internet de Candeán. O centro está situado no edificio municipal cedido á Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Candeán (r/ Devesa, 16).
Con esta acción o Concello quere dotar a parroquia de Candeán dun centro de internet e formación en novas tecnoloxías, cunha conexión en banda ancha de 2 Mbps e, que disporá dunha pequena ciberárea (ordenadores con acceso a Internet e aplicacións multimedia), o suficientemente versátil para que en determinados momentos se poida converter en sala de conferencias ou de demostración de productos de interese social ou empresarial.
Neste centro tivéronse en conta moi especialmente a eliminación das barreiras arquitectónicas, polo que non só dispón de acceso a minusválidos, senón que catro dos postos son accesibles a persoal en cadeira de rodas. Ademais, o centro dispón de medios técnicos (ratos de cabeza, joystick, teclados de carcasa, etc) para permitir a utilización dos equipos a persoal descapacitado.
O Concello, e moi especialmente desde a área de Participación Cidadá, queren con iniciativas deste tipo facilitar o acceso e a utilización das novas tecnoloxías da información e das comunicacións en todo o municipio e dun xeito preferente nas parroquias máis desfavorecidas e con dificultades de acceso ás novas tecnoloxías.
A posta en marcha do centro de Internet de Candeán enmárcase no ámbito de aplicación do programa PRODER II, cofinanciado pola Comisión Europea, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Agader e a Asociación de Desenvolvemento da Área Intermunicipal de Vigo (ADR-MAIV), e que conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Candeán.