Escoitar

Curso de internet para mulleres

A concellería da Muller oferta sete prazas vacantes para o curso de iniciación a internet que se inician o 9 de maio e finalizan o 2 de xuño.

venres, 29 abr 2005
O curso de carácter gratuíto está destinado a mulleres maiores de 35 anos e celebraranse os días 9,10,12,19,23,24,26,30 ,31 de maio e 2 de xuño, en horario de 28.30 a 20.30 horas, no edificio Asefal, rúa Elduayen,26.

A inscrición para participar no curso pode realizarse na oficina da muller, primeira planta do Concello de Vigo, en horario de 8:00 a 15:00 horas.