Participación Cidadá fomentará o uso das novas tecnoloxías por medio dunha campaña
A Concellería de Participación Cidadá vai desenvolver unha campaña para dar a coñecer as novas tecnoloxías e fomentar o seu uso por parte de todos os cidadáns. A campañá contará cunha aula móbil e outra fixa, nas que se prestará especial atención aos colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías.
A área de Participación Cidadá, en colaboración co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, vai desenvolver unha campaña de comunicación e participación cidadá para dar a coñecer e fomentar a utilización das novas tecnoloxías e da rede Internet por todos os cidadáns.
Segundo explicou hoxe luns a concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, este proxecto ten como obxectivo "conseguir que unha alta porcentaxe de persoas se incorporen ao uso das tecnoloxías da información e adopten Internet como unha ferramenta útil e práctica de comunicación, traballo e ocio".
A campaña desenvolverase a través dunha aula móbil e outra fixa, situadas en zonas de alta afluencia de cidadáns. A aula móbil estará nun autobús equipado con 18 ordenadores. Este autobús instalarase na esquina da rúa do Príncipe coa Porta do Sol, do 3 ao 5 de maio. A aula fixa, que contará con 30 ordenadores, situarase en Coia, no baixo do número 6 da rúa Redondela, desde o 10 ata o 23 de xuño. Con esta aula fixa colaborará a Asociación de Veciños "Cristo da Vitoria".
Ambas as aulas permanecerán abertas de 09:00 a 19:00 ás visitas concertadas de colectivos e asociacións. O acceso será libre de 19:00 a 21:00 horas. As visitas concertadas están dirixidas especialmente aos colectivos máis desfavorecidos no acceso ás novas tecnoloxías, como son as persoas maiores, as amas de casa, os inmigrantes e os discapacitados. Para iso, a Concellería facilitou os enderezos das asociacións á oficina de coordinación de Todos.es.
Esta campaña enmárcase no conxunto de iniciativas da Concellería de Participación Cidadá para fomentar o uso das novas tecnoloxías da comunicación. Así, desde esta área tense conseguido o acceso libre e gratuíto a Internet nos Centros de Internet Municipal do Casco Vello, Coruxo e Teis.
Ademais, Participación Cidadá ten impartido formación a máis de 1.000 persoas dentro do curso "Internet para todos", en colaboración co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Outras actuacións desenvoltas pola Concellería son o financiamento da Asociación de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e a posta en marcha de dous Centros de Internet con 16 postos multimedia. Un destes Centros de Internet foi inaugurado o pasado xoves 28 de abril na parroquia de Candeán. O outro, situado en Saiáns, aínda está a ser acondicionado.
Por último, está pendente de resolución coa Deputación de Pontevedra a posta en marcha de catro telecentros en Sampaio, San Miguel de Oia, Matamá e San Andrés de Comesaña.
Descargar todas as imaxes