Escoitar

A folga de persoal dos servizos de recollida do lixo podería resolverse nas próximas horas

As partes implicadas: comité, directiva e Concello reuníronse a partir das 13 horas coa consigna de recuperar canto antes este servizo de interese xeral. Mentres, a alcaldesa decretou os servizos mínimos.

luns, 2 mai 2005
1115040322che.jpg
O voceiro do Goberno Local, José Manuel Figueroa deu conta dos asuntos da Xunta de Goberno que se celebrou hoxe luns e que tratou entre outros asuntos a resolución de Alcaldía en relación aos servizos mínimos a prestar durante a folga do persoal de recollida de lixo e limpeza viaria de Vigo. O tratarse dun servizo municipal correspóndelle á alcaldesa decretar estes servizos de mínimos, que comprenderán o seguinte:

A partir das 6 horas da mañá un camión de carga lateral e outro de carga traseira con dous operarios efectuarán a recollida do lixo en hospitais, centros de saúde, centros benéficos e centros de ensinanza con comedor (colexios, garderías e institutos). A partir das 14 horas un camión con dous operarios efectuarán a recollida en mercados e centros comerciais. Igualmente durante as tres quendas de traballo (Mañá, tarde e noite) deberá permanecer como retén nas instalacións da concesionaria un camión brigada con tres operarios para acudir a resolver calquera contratempo que xurda na cidade a instancias da Policía Local ou Nacional, e un mecánico no taller.

José Manuel Figueroa recoñeceu que o Goberno está moi preocupado por esta folga e que se están a producir xestións dirixidas a esixir que as partes interesadas (comité e directiva) se senten a negociar. "O Concello convocou a ambas partes para coñecer as diferencias entre ambas e instarlles a que cheguen a un acordo", explicou o concelleiro, concretando que hoxe mesmo dende á unha da tarde sentarían a negociar todas as partes, polo que sería posible que nas próximas horas desconvoquen a folga. "Nun tema de interese xeral e que afecta ao conxunto dos cidadáns é importante chegar a un acordo canto antes", explicou. Os cidadáns vigueses xeran por termo medio unhas 350 toneladas de basura diaria, o que explica a urxencia das negociacións.

Noutro orde, a Xunta aprobou o convenio entre o Concello de Vigo, a través do área de Benestar Social, e a Asociación Plan Comunitario de Teis para a realización dun programa de apoio ao menor para nenos e nenas do barrio de sete a doce anos. O gasto aprobado é de 9.021 euros para este proxecto no ano 2005.

No área de Turismo propúxose o convenio de colaboración entre a Xunta Galicia e o Concello para a realización de obras de mellora de infraestructuras e servizos turísticos. A concellería de Turismo desenvolveu un Plan de Actuacións 2005-2007 como unha ferramenta para contribuir ao definitivo despegue da cidade como destino turístico. Os obxectivos prioritarios do Plan de Actuacións son:

1. A mellora da cidade como destiño turístico.
2. Situar á cidade no mapa turístico.
3. Promocionar Vigo como un destino moderno, cosmopolita, con gran diversidade de oferta e con numerosos productos turísticos.
4. A creación de novos productos turísticos.
5. Mellora de infraestructuras e servizos turísticos.
6. Incremento de calidade do destino.

A Xunta aportaría a contía de un millón de euros en tres anualidades: 300.000 euros en 2005, 350.000 en 2006 e 350.000 en 2007.
Descargar todas as imaxes