A Semana de Teatro Afeccionado dará saída en novembro ao traballo dos grupos galegos
A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais co patrocinio do Concello, celebrarase en Vigo no próximo mes de novembro. O obxectivo deste certame é dar saída ao traballo dos máis de 200 grupos de teatro afeccionado que hai en Galicia.<br />
O Concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe venres ante os medios de comunicación a Semana de Teatro Afeccionado. Este certame, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais co patrocinio do Concello, ten por obxectivo dar saída ao traballo dos grupos de teatro afeccionado de Vigo e de toda Galicia, onde hai rexistrados 220.
A Semana de Teatro Afeccionado desenvolverase en novembro, con catro actuacións, unha cada venres, a cargo de senllos grupos seleccionados con anterioridade por unha comisión de avaliación. A representación das obras terá lugar nos auditorios que a organización estime oportunos tendo en conta datas e espazos dispoñibles.
Poden participar no certame todos os grupos de teatro afeccionado de Galicia. O galego será o idioma que se empregue nas obras, que se presentarán gravadas en vídeo ou DVD xunto coa documentación solicitada nas bases. A data límite para presentar traballos é o 15 de setembro.
A comisión de valoración encargada de solicitar os catro participantes estará composta por seis persoas que coñezan e amen o teatro e estean interesadas nel. Cada un dos grupos seleccionados recibirá un premio de 600 euros máis unha axuda de 300 euros para transporte.
Ignacio López-Chaves dixo que "eventos como este serven para darlles vida aos barrios". A Semana de Teatro Afeccionado pecharase o venres 2 de decembro coa actuación fóra de concurso de "Porta Aberta", entidade que creou este evento en 2001. No ano 2003, Froiña García Abalo cedeulle os dereitos deste proxecto á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.
Descargar todas as imaxes