Escoitar
Anuncio Xerencia de Urbanismo

Aprobación inicial de bases e estatutos do Polígono 2 do plan parcial Baruxáns

<br />

venres, 6 mai 2005
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 21 de febreiro de 2005, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro: Aprobar inicialmente o proxecto de Estatutos e Bases de Actuación e Estatutos de Entidade Urbanística de Conservación do polígono 2 do Plan Parcial 03-23 Baruxáns B. (expte. 4564/401).

Segundo: Abrir un trámite de información pública polo prazo de 20 días hábiles, mediante publicación de anuncios no BOP e nun diario dos de maior difusión na provincia. Notifíquese o contido íntegro deste Acordo ós titulares catastrais e rexistrais do polígono. Para tal fin requírase da entidade mercantil promotora da actuación a aportación de nota informativa do Rexistro da Propiedade sobre a titularidade e cargas de tódalas fincas do polígono."

O prazo de información pública entenderáse aberto dende o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos VINTE DIAS dende o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que estimen pertinente. O expediente atópase a disposición do público en xeral na oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (Planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artg. 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.