xoves, 15 dec 2005
Membros da Corporación Municipal e cidadáns de Vigo concentráronse hoxe xoves de maneira silenciosa na praza do Rei en contra das últimas mortes producidas a causa da violencia de xénero.
venres, 2 dec 2005
O Concello vai pór en marcha, de cara a este Nadal, unha campaña para a compra responsable de xoguetes. O obxectivo desta iniciativa é concienciar os pais para que lles compren aos seus fillos xoguetes divertidos que favorezan o desenvolvemento persoal e a igualdade entre sexos.
mércores, 30 nov 2005
Membros da Corporación Municipal e cidadáns de Vigo volvéronse concentrar hoxe mércores na praza do Rei para protestaren en silencio contra a violencia de xénero. Nesta ocasión, os manifestantes mostraron a súa repulsa polos asasinatos de tres mulleres, acontecidos nos últimos días nas Palmas de Gran Canaria, Calpe (Alacante) e Valencia.
martes, 29 nov 2005
A Concellaría da Muller está a distribuír entre os centros escolares de Vigo uns folletos titulados "Con nome de muller". Con eles, pretende facer que os nenos e nenas coñezan as figuras de 13 mulleres que dan os seus nomes a outros tantos topónimos do noso municipio.
xoves, 24 nov 2005
A Corporación Municipal acordou ,no pleno do pasado día 4 de novembro, a convocatoria dunha concentración o día 25 de novembro diante das portas do Concello ás 12,00 horas da mañá co gallo do "Día da non violencia contra as mulleres".
mércores, 16 nov 2005
Persoal sanitario e policía nacional son os destinatarios dun obradoiro de atención directa á muller vítima de malos tratos que organiza a concellería da Muller e presentou hoxe en rolda de prensa a súa titular, Lucía Molares. O obradoiro está inscrito no II Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres 2004-2007.
martes, 15 nov 2005
Veciños de Vigo manifestáronse hoxe martes en silencio en protesta polas dúas últimas mortes por violencia de xénero. Onte foron asasinadas dúas mulleres en Ponteareas e Calatorao (Aragón) a mans dos seus maridos.
martes, 15 nov 2005
A Casa das Mulleres acollerá o próximo venres, 17 de novembro, e o sábado 18 as "III Jornadas de Formaçom do Feminismo", organizadas co lema "Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir" polas Mulheres Nacionalistas Galegas coa colaboración da Concellaría da Muller.
mércores, 2 nov 2005
A concelleira da Muller, Lucía Molares, inaugurou hoxe mércores a exposición "Motiva", composta por 70 mupis ou carteis elaborados por varios artistas para sensibilizar a sociedade sobre a violencia de xénero. A mostra poderá contemplarse nas rúas da cidade e na lonxa do Concello durante o presente mes de novembro.
mércores, 2 nov 2005
O Hotel Lisboa de Vigo acollerá mañá, xoves 3 de novembro, e pasadomañá, venres 4, o X Encontro Sindical da Muller, organizado pola CIG, CCOO e UXT coa colaboración do Concello. Neste Encontro, centrado este ano nos convenios colectivos, analizarase a situación laboral actual das mulleres e debatiranse fórmulas para alcanzar a igualdade de oportunidades.