martes, 7 mar 2006
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou no Centro Social Caixanova hoxe martes, véspera do Día Internacional da Muller Traballadora, o proxecto "Conta con elas", que ten por obxectivo a sensibilización da sociedade para diminuír a discriminación da muller.
mércores, 1 mar 2006
O Concello sumarase á celebración do Día Internacional da Muller, o día 8 de marzo, cunha programación especial que se desenvolverá ao longo de todo o mes que vén e que inclúe exposicións, tertulias, conferencias, teatro e poesía.
mércores, 15 feb 2006
A concellería da Muller abre o prazo de inscrición para o curso, de carácter gratuito, "Primeiros auxilios domésticos" que se celebrará no Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo do 23 de febreiro ao 8 de xuño.
luns, 6 feb 2006
O asasinato cometido onte domingo na propia cidade de Vigo foi a causa da concentración silenciosa de hoxe luns na praza do Rei contra a violencia de xénero. Asistiron varios membros da Corporación Municipal coa alcaldesa, Corina Porro, á cabeza, así como numerosos traballadores do Concello e outros cidadáns.
martes, 24 xan 2006
Unha nova concentración silenciosa na praza do Rei recordou hoxe martes o goteo de mortes que a violencia de xénero produce en España, onde no que vai de ano sete mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas.
xoves, 19 xan 2006
Un numeroso grupo de veciños e funcionarios do Concello congregouse hoxe xoves na praza do Rei xunto a varios membros da Corporación Local para protestar co seu silencio contra o asasinato de Águeda González, a moza de Baiona cuxo corpo sen vida foi achado o mércores tras a confesión do seu presunto asasino.
venres, 13 xan 2006
Unha nova concentración silenciosa na praza do Rei, e xa van tres desde que comezou o ano, volveu lembrar as víctimas da violencia de xénero. Desta vez protestouse contra os asasinatos dunha nena de cinco anos e da súa nai a mans do ex compañeiro desta, ocorridos en Zaragoza.
mércores, 11 xan 2006
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou hoxe mércores o segundo cuadrimestre do programa "Eu tamén sei", que pretende impulsar a formación e participación das mulleres a través de cursos prácticos.
martes, 10 xan 2006
Por segunda vez no que vai de 2006, a praza do Rei foi escenario dunha concentración silenciosa en contra da violencia de xénero. Dúas mulleres morreron a mans dos seus compañeiros, o pasado mércores en San Sebastián e o xoves e Palma de Mallorca.
martes, 3 xan 2006
Membros da Corporación Municipal e veciños de Vigo manifestáronse de maneira silenciosa hoxe martes na praza do Rei contra as tres mortes por violencia de xénero rexistradas no que vai de 2006 en España.