Protesta silenciosa contra o ataque criminal da rúa Baixada a Herba
O asasinato cometido onte domingo na propia cidade de Vigo foi a causa da concentración silenciosa de hoxe luns na praza do Rei contra a violencia de xénero. Asistiron varios membros da Corporación Municipal coa alcaldesa, Corina Porro, á cabeza, así como numerosos traballadores do Concello e outros cidadáns.
Unha muller de avanzada idade morreu na madrugada do domingo en Vigo a consecuencia do incendio provocado polo marido da súa filla na vivenda que ambas as dúas compartían no Casco Vello. A filla e a neta da muller resultaron feridas.
Sobre o home, duns 50 anos, pesaba unha orde xudicial de afastamento do domicilio familiar. No entanto, ás 01:15 presentouse na vivenda, sita na rúa Baixada a Herba, e tras forzar a entrada esparexeu o combustible que levaba nunha garrafa e prendeulle lume.
Unha vez finalizada a concentración silenciosa, Corina Porro esixiu que se cumpran as ordes de afastamento.
Descargar todas as imaxes