Obras para o público familiar no Auditorio Municipal dentro do programa "Con T de Teatro"
O Auditorio Municipal vai ser o escenario onde se representarán, a partir do 11 de febreiro, as obras do programa "Con T de Teatro", destinadas todas elas ao público familiar. As representacións realizaranse sempre en sábado en dúas sesións: 12:00 e 18:00, con entradas a tres euros para os adultos e a dous para os nenos.
Durante a presentación deste programa, hoxe venres no Concello, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves afirmou que "Con T de Teatro" servirá para completar iniciativas como o Festival Alternativo de Teatro e o circuíto "Vigo a escena". Deste xeito, dixo o concelleiro, Vigo contará cunha "unha programación estable de artes escénicas".
"Con T de Teatro" botará a andar o 11 de febreiro e chegará á súa fin o 24 de xuño. A intención do Concello, segundo afirmou López-Chaves, é prolongar esta iniciativa, destinada á formación do público, durante o segundo semestre deste ano e mesmo ata 2007.
Para Ignacio López-Chaves é de salientar que neste ano Vigo teña unha programación teatral composta por 120 obras, o que significa que cada tres días se representa unha obra nalgún punto do municipio. O concelleiro lembrou, ademais, a variedade desta programación, con propostas que van do teatro clásico ao alternativo, pasando polo destinado aos nenos ou mesmo os monicreques. Segundo López-Chaves, estes feitos proban "o compromiso do Departamento de Cultura co teatro".
Neste sentido, o concelleiro asegurou que "se nos deixan o próximo ano converteremos o Auditorio Municipal nun Teatro Municipal", en referencia á proposta de orzamento municipal feita polo Goberno local.
Programa
11 de febreiro: "Unha merenda de Alicias". Compañía Sapristi (Galicia).
18 de febreiro: "Cucho, Cocho e o dilema do 6". Compañía Sala Yago (Galicia).
11 de marzo: "Tic tac sons dunha nave". Compañía Teatro Buratini (Galicia).
25 de marzo: "O rei de mares". Compañía The Pinga Teatro (Galicia).
8 de abril: "A pedra que arde". Compañía Títeres Cachirulo (Galicia).
29 de abril: "De fábula". Compañía Artello (Galicia).
6 de maio: "Aguaire". Compañía La Sal Teatro (Andalucía).
27 de maio: "O carballiño enfermo". Compañía Migallas Teatro (Galicia).
10 de xuño: "Dado trucado, xigo revirado". Compañía Títeres Falcatrúa (Galicia).
24 de xuño: "Catro rodas". Compañía Pablo Nojes e Páprika (Galicia).
Descargar todas as imaxes