O Concello colaborará cos arquitectos e aparelladores para facer cumprir a Inspección Técnica de Edificios
PP, PSdeG-PSOE e BNG aprobaron hoxe xoves o convenio de colaboración entre a Xerencia Municipal de Urbanismo, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra (COAATP) para a implementación da ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificios (ITE).
O convenio, de dous anos de duración, ten por obxecto conseguir o cumprimento da ITE e facilitarlles aos cidadáns a súa aplicación. A COAG-Vigo e o COAAT comprométense a difundir a Ordenanza e a informar os seus colexiados respecto á elaboración da Acta de Inspección Técnica de Edificios (AITE).
Ambos os dous colexios e o Concello comprométense a articular un sistema de baremación para crearen un rexistro de profesionais especializados coa experiencia, capacitación e idoneidade técnica necesarios para emitir as correspondentes actas.
Pola súa parte, a Xerencia de Urbanismo comprométese a presentar ante o Tribunal de Defensa da Competencia a correspondente solicitude de autorización para poder fixar os prezos das AITEs, que serán beneficiosos para os propietarios dos edificios.
No caso de que a Xerencia de Urbanismo deba actuar subsidiariamente, por incumprimento por parte dos propietarios do edificio da súa obriga de realizar o informe de inspección e ditame que fixa a ordenanza, os dous colexios comprométense a designar e achegarlle ao Concello un profesional especializado, que emitirá a acta.
Por outra parte, o Consello da Xerencia aceptou, coa abstención do PSdeG-PSOE e os votos favorables dos restantes grupos, a doazón de 296 metros cadrados sitos nunha parcela da Finca do Conde, propiedade de Finca do Conde S.A. Esta parcela foi adxudicada no correspondente proxecto de compensación con recoñecemento expreso da edificabilidade que xere a superficie obxecto da doazón.
Dentro dos asuntos que son competencia da Xunta de Goberno Local, todos os grupos políticos deron o seu visto bo á proposta de aprobar definitivamente o Proxecto de Urbanización da "UA V-E" do PERI "IV-05 Travesía de Vigo-Aragón". Este acordo queda condicionado suspensivamente ao pagamento ou constitución de garantía suficiente a favor do Concello dos 3.859 euros destinados á execución do vial Sur previsto no Plan Especial.
Descargar todas as imaxes