Escoitar

Primeira concentración silenciosa de 2006 contra a violencia de xénero

Membros da Corporación Municipal e veciños de Vigo manifestáronse de maneira silenciosa hoxe martes na praza do Rei contra as tres mortes por violencia de xénero rexistradas no que vai de 2006 en España.

martes, 3 xan 2006
O domingo, día 1, un home matou cunha escopeta de caza a súa ex muller en Algarinejo (Granada). O luns, día 2, unha marroquí de 30 anos morreu abafada en Marbella a mans da súa parella, que despois se entregou. Ese mesmo día, en Xirona, unha muller de 51 anos matou o seu compañeiro, de 50, cortándolle o pescozo cunha navalla.