xoves, 5 xaneiro 2006

A alcaldesa recibirá os reis magos na Porta do Sol antes do inicio da Cabalgata

xoves, 5 xan 2006

Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos hoxe xoves pola alcaldesa, Corina Porro, ás 17:30 na Porta do Sol, xunto á escultura do Sireno, onde a alcaldesa lerá o seu discurso de benvida. Antes, a nena de oito anos Catalina Fontón será a primeira en dirixirse aos reis lendo unha carta redactada por ela mesma.

Xunta de Goberno Local

xoves, 5 xan 2006

Convócase a Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 9 de xaneiro de 2006, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 8,30 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.