Escoitar

Corina Porro aposta pola integración urbana do tren de alta velocidade

Corina Porro informou hoxe xoves os grupos políticos do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de que o Ministerio de Fomento avanzou cara ás posturas do Concello no relativo á entrada do AVE en Vigo.

xoves, 5 xan 2006
1136470716xeren050106.jpg
A alcaldesa compareceu hoxe xoves ante os grupos políticos do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, despois de estes llo teren solicitado por unanimidade na súa anterior reunión, para dar conta dos contactos mantidos polo Concello coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento para dotar a Vigo de tren de alta velocidade.

Na súa intervención, Corina Porro defendeu a integración urbana desta infraestrutura, con medidas como o soterramento das vías nas saídas da cidade para "evitar a fenda en Teis", ou como a contrución dunha estación pasante.

A alcaldesa salientou a importancia da reunión do próximo día 12 de xaneiro entre representantes do Concello e de Fomento, na que se procederá á "avaliación e posta en común" das distintas propostas, abordándose as relativas á financiación para "establecer as achegas de uns e de outros". Porro lembrou que nesa reunión se tratarán propostas técnicas e que serán os responsables políticos de Fomento os que decidirán sobre o futuro do proxecto.

O representate socialista Mauricio Ruiz, que foi quen solicitou a comparecencia da alcaldesa, asegurou que no seu grupo entenden "que o labor de Fomento está sendo boa" e mostrouse "de acordo" coa proposta do Goberno local, pero pediulle a este "a discreción que vostedes piden".
Descargar todas as imaxes