Escoitar

Marta Iglesias agradece a colaboración de empresas e asociacións na campaña "Unha bici, un sorriso"

A concelleira delegada de Participación Cidadá e Benestar Social, Marta Iglesias, agasallou hoxe mércores no Concello os representantes de varias empresas e asociacións de Vigo, en recoñecemento á súa colaboración na campaña "Unha bici, un sorriso", de recollida, reparación e entrega de bicicletas usadas a nenos desfavorecidos.

mércores, 4 xan 2006
1136384482bici040106.jpeg
O Concello desenvolveu durante o pasado mes de decembro a campaña "Unha bici, un sorriso", consistente na recollida de bicicletas usadas para a súa reparación e posterior entrega, o día de Reis, a persoas con escasos recursos.

Ao longo de decembro puidéronse entregar bicicletas nos seguintes puntos: tenda de biclicletas Agreste (rúa Xílgaro, O Calvario), tenda de bicicletas Anca (A Seara, As Travesas), Palacio de la bicicleta (Sanjurjo Badía, Teis), Centro Cívico Veciñal de Valadares e Parque Central do Concello en Santa Cristina (Lavadores). A Asociación "A Golpe de Pedal" encargouse de recollelas nestes lugares, levalas ás tendas en furgonetas, recollelas arranxadas e almacenalas para o seu reparto, que se realizará o día de Reis.

As bicicletas entregaránselle a persoas con escasos recursos, en especial nenos e nenas. Diferentes colectivos traballaron de maneira desinteresada para conseguir este obxectivo. Son os seguintes talleres de reparación: Agreste, Anca, Biciocon, Bicitotal, Ciclos Alonso, Ciclos Marcos, Comercial Casares, Gonzalo Aguiar, Palacio de la bicicleta e Vigobike.

No reparto das bicicletas, o día de Reis, participarán as traballadoras sociais do Concello. Ademais, terá lugar un acto público de entrega simbólica das bicicletas no cal se agradecerá a axuda dos colaboradores e patrociandores desta iniciativa.
1136384482bici040106.jpeg
1136384498bici040106b.jpeg
Descargar todas as imaxes