O Pavillón das Travesas acolle mañá mércores o III Memorial Carballo-Camilo
O Pavillón das Travesas acolle mañá mércores, a partir das 18:30, o III Memorial Carballo-Camilo, en recordo ao que foi presidente do actual Vigourban, José Manuel Gómez Carballo, e o vicepresidente Camilo Pérez. O equipo vigués de baloncesto feminino medirase a todo un campión de Europa como é o Bourges, da liga francesa
O encontro quere ser tamén unha homenaxe a Ernesto Segura de Luna, que foi ata hai un ano presidente da Federación Española de Baloncesto e que probablemente honrará esta iniciativa coa súa presenza.
Durante a presentación deste evento, hoxe martes no Concello, a concelleira de Deportes, Lucía Molares, dixo esperar que o recordo aos directivos do Vigourban e a homenaxe ao ex presidente da Federación Española sexan un acto "sinxelo pero sentido".
A xornada comezará ás 15:15 cun torneo de minibasket para alevíns e prealevíns, que acabará con entrega de premios e agasallos a todas as participantes.
As entradas para o partido entre o Vigourban e o Bouges custarán seis euros. Os siareiros entrarán gratis.