Escoitar

Lucía Molares recibe os participantes no Campionato de España Xuvenil de Balonmán

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, recibiu hoxe martes na Casa do Concello os representantes das federacións galega e española de balonmán e os participantes no Campionato de España Xuvenil deste deporte, que se desputa en Vigo desde hoxe martes.

martes, 3 xan 2006
1136297191balonman030106.jpg
A concelleira escoita o discurso de Ramiro Losada, da Federación Galega
Dezasete equipos, un por cada comunidade autónoma, xogarán ata o próximo sábado, día 7, nas instalacións deportivas municipais (pavillóns do Berbés, Coia, Teis e Central) polo título de mellor selección xuvenil de España.

Lucía Molares agradeceulle ao presidente da Federación Española de Balonmán, Jesús López, o feito de ter elixido Galicia e Vigo como sede deste campionato, e animou os participantes a coñecer a cidade e coñecerse entre si. A concelleira lembrou que o balonmán é un "deporte moi arraigado" en Vigo, polo que adiantou que os equipos serán moi ben recibidos.

Jesús López definiu Vigo como un "escenario ideal" para o torneo que comeza hoxe. Pola súa parte, o presidente da Federación Galega, Ramiro Losada, animou os novos xogadores a dar o mellor de si e finalizou o seu discurso entregándolle un agasallo á concelleira de Deportes.
Descargar todas as imaxes