O Concello celebrará o Día Internacional da Muller cun programa de actos en marzo
O Concello sumarase á celebración do Día Internacional da Muller, o día 8 de marzo, cunha programación especial que se desenvolverá ao longo de todo o mes que vén e que inclúe exposicións, tertulias, conferencias, teatro e poesía.
A concelleira da Muller, Lucía Molares, avogou hoxe mércores durante a presentación deste programa por "reclamar o posto da muller na sociedade", para o que é necesario "seguir traballando, debatendo e apoiando desde as institucións".
O programa con que a Concellaría da Muller colabora na celebración Día Internacional da Muller componse dos eventos que figuran no documento anexo.
O programa con que a Concellaría da Muller colabora na celebración Día Internacional da Muller componse dos eventos que figuran no documento anexo.