Escoitar

Protección Civil presenta un balance positivo nas súas memorias de 2005

O concelleiro de Seguridade, Antonio Coello, e o coordinador de Protección Civil, José Estévez Seoane, presentaron a Memoria de 2005 de Protección Civil, na que se constata a recuperación deste corpo formado por uns 100 voluntarios.

mércores, 1 mar 2006
1141222701proteCivil010306.jpg
José Estévez sinalou que a nova Xunta Directiva de Protección Civil logrou, desde maio de 2005, aproveitar o "pouco material" e os "escasos recursos" á súa disposición para facer que Protección Civil prestase os servizos que lle foron demandados.

Así, segundo recordou Estévez, durante o verán Protección Civil cubriu Samil, O Vao e A Guía, chegando a traballar os seus membros ata 12 horas diarias. Tamén durante a Volvo Ocean Race se notou a colaboración de Protección Civil, que achegou 13 embarcacións para axudar, ao longo de todo o día, no desenvolvemento do evento. Así mesmo, Protección Civil tamén se destaca pola colaboración loxística que presta aos bombeiros, especialmente necesaria e notable con ocasión dos incendios que asolaron a área metropolitana de Vigo no verán.

Outra das accións destacables de 2005 foi a humanización da base de Protección Civil, situada en Pi y Margall.

José Estévez demandou "máis medios e comprensión" para que Protección Civil poida continuar o seu labor desinteresado en 2006. Un dos retos actuais do corpo é a profesionalización dos seus mebros, tarefa para a cal, en palabras do coordinador de Protección Civil, "fan falta máis cursos e máis diñeiro".
Descargar todas as imaxes