Nova concentración na praza do Rei contra a violencia de xénero
Por segunda vez no que vai de 2006, a praza do Rei foi escenario dunha concentración silenciosa en contra da violencia de xénero. Dúas mulleres morreron a mans dos seus compañeiros, o pasado mércores en San Sebastián e o xoves e Palma de Mallorca.
Varios concelleiros, traballadores do Concello e cidadáns mostraron a súa repulsa por estes feitos.
O mércores 4 unha muller vítima de malos tratos, veciña de Hendaia (Francia), morreu na Residencia Donostia de San Sebastián, onde fora trasladada tras recibir varias malleiras da súa parella sentimental durante tres días, segundo informou o departamento de Interior do Goberno Vasco.
Supostamente, o home, de 40 anos, retivo a muller durante tres días do pasado mes de decembro no domicilio que ambos compartían na localidade fronteiriza de Hendaia. No transcurso dese tempo, o compañeiro deulle numerosas malleiras que lle produciron lesións tanto externas como internas e que lle fixeron perder o coñecemento en dúas ocasións.
O xoves 5, en Palma de Mallorca, un preso de 44 anos que se encontraba de permiso pola festividade de Reis matou a puñaladas en plena rúa a súa ex compañeira sentimental, unha cidadá francesa de 26 anos. Posteriormente, entregouse á policía e confesou o crime. Os feitos producíronse en presenza dos dous fillos da muller, de 3 e 5 anos.
No que vai de ano, en España morreron catro mulleres e un home a causa da violencia de xénero.
Descargar todas as imaxes