Escoitar

O Goberno local adxudica a mellora da terraza do Polideportivo do Berbés, entre outras actuacións

O concelleiro José Manuel Figueroa deu conta hoxe luns das adxudicacións realizadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do pasado 30 de decembro, entre as cales sobresaen as das obras de mellora da terraza do Polideportivo do Berbés, a reparación do buque Bernardo Alfageme e o reforzo do muro do Parque de Castrelos.

luns, 9 xan 2006
1136815090xunta090106.jpg
As actuacións adxudicadas, xunto cos seus importes e empresas adxudicatarias son as seguintes:

- Construción dunha piscina en Valadares, 839.954,30 euros, Construcciones Alea.
- Construción de vestiarios no campo de herba sintética de Candeán, 80.730 euros, Roymer Obra Civil.
- Rehabilitación do estanque e muro de peche do Xardín Histórico de Castrelos, 125.820,91 euros, Novial e Hidroscivil.
- Urbanización de accesos ao novo centro cívico de Saiáns, 80.224,07 euros, Oresa.
- Urbanización do contorno do novo centro cívico de Saiáns, 76.264,28 euros, Oresa.
- Servizo de atención ao público e conserxería nos centros cívicos, 76.798 euros, Eulen.
- Construción de columbarios cinceiros no cemiterio de Pereiró, 56.994,32 euros, Oresa.
- Arranxo de deficiencias na pista de fútbol sala de San Xoán do Monte-San Xoán Poulo, 60.000 euros, Roymer Obra Civil.
- Subministración dun equipo de comunicacións e emerxencias para a Policía Local e os bombeiros, 197.172,02 euros, Taelpo Telecom.
- Redacción de proxectos de humanización da avenida da Florida, de Castrelos e do contorno da praza de América, 29.161,252 euros, Ticco Ingeniería.
- Subministración dun dumper tractor, 33.593,20 euros, Taelpo Telecom.
- Subministración dun piano para a Escola Municipal de Música, 14.600 euros, Musical Pontevedra.
- Reforma de instalación do departamento de Benestar Social, 121.412 euros, Oreco.
- Asistencia técnica para a elaboración do mapa de ruídos do Concello de Vigo, 108.000 euros, Fundación Labeim.
- Un equipo de megafonía para o complexo deportivo das Travesas, 55.800 euros, Construcciones Mon.
- Mellora da accesibilidade ao areal de Teis, 53.914 euros, Movexvial.
- Construción dun muro de contención na rúa Alfonso XIII, 60.655,96 euros, Roymer Obra Civil.
- Rehabilitación de muros no parque Camilo José Cela, 70.750,75 euros, Roymer Obra Civil.
- Muro de contención da praia da Punta, 33.949,41 euros, Roymer Obra Civil.
- Mellora da terraza do Polideportivo do Berbés, 525.408,72 euros, Gaos Contratas y Construcciones – Composan Construcción.
- Reparación do buque Bernardo Alfageme, 274.000 euros, Remolcadores Nosa Terra.
- Subministración dun sistema de almacenamento en rede, por 57.000 euros, e mantemento anual por 4.886 euros, Internacional Periféricos y Memorias España.
- Contratación de asistencia técnica para a redacción dun Plan de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, 51.800 euros, Cidadanía rede de aplicacións sociais S. Coop. Galega.
- Reforma eléctrica e adecuación á normativa vixente do Estadio Municipal de Balaídos, 64.078 euros máis 4.337,67 euros de melloras técnicas, Aceuve.
- Reforzo do muro do Parque de Castrelos, 317.477,33 euros, Oreco.
- Instalación dun sistema de evacuación mediante escaleira exterior no edificio da Casa Consistorial, 195.297,48 euros, Construcciones Suso Fernández – Diconsa.
- Obras do proxecto arquitectónico de musealización da vila romana de Toralla (1ª fase), 159.206 euros, Norvial.
- Contratación de mobiliario para os centros cívicos de Saiáns e o auditorio de Valadares, 29.989 euros, Ekipo.
Descargar todas as imaxes